Compartir os resultados de investigación co mundo é fundamental para o progreso da súa disciplina e da súa carreira. Pero, ca cantidade de publicacións existentes, como se pode estar seguro de que unha determinada revista é de confianza? Siga esta lista de comprobación para asegurarse de que elixe revistas de confianza para a súa investigación.
Como pode estar vostede seguro de que a revista escollida é a axeitada para a súa investigación?

Está vostede enviando a súa investigación a unha revista de confianza?
É esta a revista máis axeitada para o seu traballo?
- En todo o mundo publícanse cada vez máis investigacións.
- Cada semana póñense en marcha novas revistas científicas.
- Os casos de mala praxe e engano editorial están aumentando.
- Pode ser complicado atopar guías e información actualizada que axuden a decidir onde publicar.

Empregue esta lista de comprobación para avaliar a revista escollida e verificar que é de confianza.
Coñece vostede, ou os seus colegas, a revista?
- Ten lido antes algún artigo desa revista?
- Resulta doado atopar os últimos artigos da revista?
Pode vostede identificar e contactar á editorial de forma sinxela?
- É o nome da editorial claramente visible na páxina web da revista?
- Pode contactarse coa editorial por teléfono, correo electrónico e postal?
- A revista especifica cal é o tipo de revisión por pares que emprega?
- Están os artigos da revista indexados en servizos e/ou bases de datos coñecidas?
Están claras cales son, se as houbese, as taxas por publicación?
- Explica a páxina web da revista a finalidade de ditas taxas e cando se cobrarán?
Recoñece vostede aos membros do Comité Editorial?
- Oíu vostede falar dos membros do Comité Editorial?
- Mencionan os membros do Comité Editorial á revista nas súas páxinas web persoais?
A editorial participa ou é membro dalgunha iniciativa recoñecida da industria?
- Pertence ao Committee on Publication Ethics (COPE)?
- Se a revista é de acceso aberto, está indexada no Directory of Open Access Journals (DOAJ)?
- Se a revista é de acceso aberto, é a editorial membro da Open Access Scholarly Publishers’ Association (OASPA)?
- Está a revista aloxada nalgunha das plataformas de revistas electrónicas da INASP (para revistas publicadas en Bangladesh, Nepal, Sri Lanka, América Central e Mongolia) ou en African Journals Online (AJOL, para revistas africanas)?
- É a editorial membro dalgunha outra asociación comercial?

Se vostede contestou “Si” á maioría ou a todas as preguntas da lista.
Complete a lista de verificación e envíe o seu artigo soamente se está vostede seguro de poder responder “Si” á maioría ou a todas as preguntas.
- Cómpre estar seguro de que a revista escollida goza dun perfil adecuado entre os seus pares para mellorar tanto a súa reputación como as súas posibilidades de ser citado.
- Publicar a súa investigación na revista axeitada mellorará o seu perfil profesional e axudarálle a progresar na súa carreira.
- O seu traballo debería ser indexado e/ou arquivado, resultando máis doado de atopar.
- Debería agardar unha experiencia de publicación profesional, na que o seu traballo sexa revisado e editado.
- Só entón debería enviar o seu artigo.
Many thanks to Ana Fresco-Santalla for this translation.