Choose the right journal for your research

Galician

Compartir os resultados de investigación co mundo é fundamental para o progreso da súa disciplina e da súa carreira. Pero, ca cantidade de publicacións existentes, como se pode estar seguro de que unha determinada revista é de confianza? Siga esta lista de comprobación para asegurarse de que elixe revistas de confianza para a súa investigación.

 

Está vostede enviando a súa investigación a unha revista de confianza?

É esta a revista máis axeitada para o seu traballo?

  • En todo o mundo publícanse cada vez máis investigacións.
  • Cada semana póñense en marcha novas revistas científicas.
  • Os casos de mala praxe e engano editorial están aumentando.
  • Pode ser complicado atopar guías e información actualizada que axuden a decidir onde publicar.

Como pode estar vostede seguro de que a revista escollida é a axeitada para a súa investigación?

 

Empregue esta lista de comprobación para avaliar a revista escollida e verificar que é de confianza.

  • Coñece vostede, ou os seus colegas, a revista?
    – Ten lido antes algún artigo desa revista?
    – Resulta doado atopar os últimos artigos da revista?
  • Pode vostede identificar e contactar á editorial de forma sinxela?
    – É o nome da editorial claramente visible na páxina web da revista?
    – Pode contactarse coa editorial por teléfono, correo electrónico e postal?
  • A revista especifica cal é o tipo de revisión por pares que emprega?
  • Están os artigos da revista indexados en servizos e/ou bases de datos coñecidas?
  • Están claras cales son, se as houbese, as taxas por publicación?
    – Explica a páxina web da revista a finalidade de ditas taxas e cando se cobrarán?
  • Recoñece vostede aos membros do Comité Editorial?
    – Oíu vostede falar dos membros do Comité Editorial?
    – Mencionan os membros do Comité Editorial á revista nas súas páxinas web persoais?
  • A editorial participa ou é membro dalgunha iniciativa recoñecida da industria?
    – Pertence ao Committee on Publication Ethics (COPE)?
    – Se a revista é de acceso aberto, está indexada no Directory of Open Access Journals (DOAJ)?
    – Se a revista é de acceso aberto, é a editorial membro da Open Access Scholarly Publishers’ Association (OASPA)?
    – Está a revista aloxada nalgunha das plataformas de revistas electrónicas da INASP (para revistas publicadas en Bangladesh, Nepal, Sri Lanka, América Central e Mongolia) ou en African Journals Online (AJOL, para revistas africanas)?
    – É a editorial membro dalgunha outra asociación comercial?

 

Se vostede contestou “Si” á maioría ou a todas as preguntas da lista.

Complete a lista de verificación e envíe o seu artigo soamente se está vostede seguro de poder responder “Si” á maioría ou a todas as preguntas.

  • Cómpre estar seguro de que a revista escollida goza dun perfil adecuado entre os seus pares para mellorar tanto a súa reputación como as súas posibilidades de ser citado.
  • Publicar a súa investigación na revista axeitada mellorará o seu perfil profesional e axudarálle a progresar na súa carreira.
  • O seu traballo debería ser indexado e/ou arquivado, resultando máis doado de atopar.
  • Debería agardar unha experiencia de publicación profesional, na que o seu traballo sexa revisado e editado.
  • Só entón debería enviar o seu artigo.

Many thanks to Ana Fresco-Santalla  for this translation.